
Molestia crease no verán de 2007, despois dunha grata experiencia co proxecto Alto Voltaje, agora cunha formación máis estable e definida con Rodri, na guitarra e voz, “Zikuta” no baixo, e os irmans Sampedro, Txelas na guitarra solista e coros e Alex “Sampe” na batería. Tras meses de longas sesións de ensaio , crean un repertorio propio poñendoo a proba en distintos escenarios da comarca, e tópanse cun son no que se perciben súas influencias, que van dende Los Suaves ou Barricada, ata Segismundo Toxicómano.
Debutan en xullo de 2008 no Local Social de A Tiradoura, en Cangas do Morrazo, cunha gran aceptación que os anima a apostar forte polo proxecto. Tras esta presentación, o boca a boca lévaos a Barrantes, e de ahí ó Entroido de Bueu. Seguen a sua andaina pasando polo Escenario da Festa do Polbo 2008 de Bueu ata a oportunidade que lles xorde de consolidarse como unha das apostas Emerxentes do Morrazo, na Festa de Presentación do II Festival Furtivo, na Sala Zona (Bueu).
Xa estaban preparados para compartir cartel no I Morrazo Rock con bandas como Gatillazo, Andanada 7 ou os británicos G.B.H. e incluso en xullo de 2009 tocan como teloneros dos asturianos Mala Reputación no seu único concerto en Galicia.
Na actualidade continúan pulindo o seu son en todo-los escenarios o seu alcance, á grabación do que será seu primeiro disco, espera rematar de cara ó próximo verán, acompañada por una xira de presentación da mesma na que teñen como obxectivo dar o seu salto definitivo.
| Artista | Instrumento |
|---|---|
| Rodri | Voz |
| Juan "Chelas" | Guitarra e coros |
| Vitiño | Baixo e coros |
| Alex Sampe | Bateria |
| Patxi | Guitarra e coros |
Rap
No mes de febreiro do 2009 “De Buena Tinta” comeza a sua andaina cando se xuntan dous mc´s e un dj, con experiencias en outras formacións. Comezaron a ensariar e divertirse, o grupo pedía un estilo o cual non foi doado de conseguir, pero con ensaios, esforzo e traballo adoptaron rápidamente un estilo único e persoal, que hoxe en día define a agrupación.
Unha vez definidos artísticamente, tan so lles quedaba levar o rap de De Buena Tinta enriba dos escenarios. O traballo e os ensaios impulsaron rápidamente a formación a debutar en Marín, e os resultados non puideron ser mellores.
A formación, da man de Risk, coñece o Beatboxer pontevedrés Davbeat, o cal non tardóu en acompañar nos directos a De buena tinta. O grupo agora síntise realmente cómodo e preparado para afrontar novos retos de futuro, xa que os seus shows vense reforzados en boa medida e, a vez, o grupo séntese máis logrado.
“cando nos piden que definamos o grupo o facemos falando dun estilo adaptado de xeito perfecto o rap actual, é un estilo ameno, non só polos temas, senon tamen polo bo roio que mostramos no escenario. Gústanos falar coa xente, entendela, que o pasen ben… realmente o traballo do grupo refléxase nun gran show, que non deixa indiferente a ninguén, é un rap para tódalas idades. O estilo alegre de Risk e o hardcore de Vasp, misturado co fantástico Dj Daso no scratch, da lugar a De Buena Tinta.
¿Vives o rap? ¿gústache o rap? Isto é rap”.
| Artista | Instrumento |
|---|---|
| Vasp | Voz |
| Risk | Voz |
| DJ Daso | Disk Jokey |
| Davbear | Beatboxer |
Punk
Defekto Óptiko é un dos grupos precursores da nova xeración do “vello” estilo punk-rock, que tanta historia ten no Morrazo. Irrumpen nos escenarios da comarca dun xeito contundente, presentándose incluso no festival Hermelo Alternativo.
A sua formación de batería, baixo, duas guitarras e cantante a presentan Jaimito, Cicuta, Abendaño, Kusy e Modes, ainda que a sua formación actual mudou bastante e, dende o ultimo veran presentan unha formación máis traballada e competente, fruto do traballo e a experiencia que se vai collendo co paso dos bolos.
Sampe manexa a batería, Pancho e Alex a guitarra e dende os inicios de DEFEKTO OPTIKO perduran Modes as voces e Zicuta nos baixos.
Non podemos deixar de destacar a sua andaina da man de Alto Voltaje (Molestia na actualidade) por Salamanca, facendo unha incursión nos numerosos palcos da cidade universitaria.
Agora están inmersos en novos traballos e a espera de novas actuacións nos vindeiros meses.
| Artista | Instrumento |
|---|---|
| Modes | Voz |
| Alexandre | Guitarra |
| "Zikuta" | Baixo |
| Alex Sampe | Bateria |
| Patxi | Guitarra e coros |