EmerxeMorrazo Fundación
A FUNDACION
- ¿Qué é a Fundación EmerxeMorrazo?
A Fundación EmerxeMorrazo é unha institución que xurde da man da inesgotable creatividade dos habitantes da Comarca do Morrazo. Os nosos instrumentos son principalmente o apoio os artistas emerxentes, a creación, e as propias institucións, colectivos, salas e festivais que a impulsan.
- ¿cal é a nosa filosofía de vida? Segundo poetizan os nosos estatutos:
“A fundación ten por obxectivo promover, incentivar e executar calquera tipo de iniciativa dirixida a impulsar o desenvolvemento das formacións artísticas emerxentes da comarca, os eventos e as salas integradas no proxecto EmerxeMorrazo, e da comarca en sí como destino turístico-musical a través dos seus artistas e actividades.”
- Os Patróns da Fundación EmerxeMorrazo:



- Contacto. Esta e nosa sede virtual e verdadeira, ainda que como dirección postal e de contacto temos os nosos instrumentos na Casa da Música de Bueu:
Sede da Fundación EmerxeMorrazo.
Casa da Música Don Manuel Omil.
Valado s/n 36930 Bueu.
Comarca do Morrazo.
EmerxeMorrazo@gmail.com
A Fundación xurde cun marcado carácter comarcal. O concello de Bueu, Fecimo e Troula na Banda amosan xa dende os comezos unha meta a curto prazo, que non é outra que integrar o antes posible no proxecto os Concellos de Cangas, Moaña e Marín.
O futuro da Fundación EmerxeMorrazo preséntase intimamente ligado as necesidades dos colectivos e artistas, como verdadeiros protagonistas dos obxectivos e fins da Fundación EmerxeMorrazo.
A misión verdadeira da Fundación é asentarse no seu primeiro ano de vida como un faro vertebrador entre os artistas, o terceiro sector do Morrazo e os colaboradores do programa, creando cohesión, lazos, educación, compromiso e ilusión, entre os propios veciños do Morrazo e os numerosos visitantes turísticos que ten a nosa Comarca.
A estrutura e plans da Fundación plantéxanse para levalos a cabo e medrar paso a paso o longo dos vinderiros cinco anos. Polo que o camiño que nos queda, a pesar de ser longo e arduo, é moi esperanzador e ilusionante.
Gústanos expandir as nosas miras cara o futuro e imaxinar como reaccionaremos, con que novas tendencias artísticas traballaremos, a onde chegará a Fundación EmerxeMorrazo e os nosos artistas. Queremos medrar con eles, e avanzar xuntos, seguindo o paso das novas xeracións que se irán sucedendo. É emocionante saber que co paso dos anos os novos artistas contarán cun forte apoio da Fundación EmerxeMorrazo para chegar tan lonxe como poidan.
- Repertorio e Plan de Acción EmerxeMorrazo 2010
O primeiro ano de vida tradúcese nunha serie de actividades, coa intención de incrementalas ano a ano, grazas o compromiso adquirido dos fundadores da Fundación EmerxeMorrazo.
O Plan de Acción EmerxeMorrazo 2010 que se ten como obxectivo desenrolar neste ano é a seguinte:
- Integración do programa EmerxeBueu no festival artístico Troula na Banda 2010, que organiza a Asociación Troula na Banda o 6 e 7 de agosto no concello de Bueu.
- Apoio os artistas do programa EmerxeMorrazo, análise das súas demandas e carencias e crear as bases para solucionalas.
- Celebración do festival artístico de San Martiño en novembro no Concello de Bueu.
- Desenrolo de material de comunicación do programa e da páxina web.
- Promover convenios de colaboración con distintas salas,profesionais, festivais e certames para que os artistas actúen e sexan contratados ó amparo do programa EmerxeMorrazo.
- Crear unha base de datos cos artistas vinculados ó programa e os que puideran estar interesados en pertencer a él.
- Promovela reunión periódica dos artistas do programa co obxectivo de crear lazos e aproveitar sinerxias de traballo.
- Dotar de rider técnico e material de comunicación os artistas que ainda non o tiveran.
- Promover actividades de formación orientadas a artistas, colectivos e profesionais do sector.
- Acordo de Colaboración dos artistas Emerxentes e a Fundación EmerxeMorrazo.
A Fundación EmerxeMorrazo promove as formacións artísticas emerxentes da comarca, os eventos e as salas integradas no proxecto e da comarca en sí, como destino turístico-musical a través dos seus artistas, coa dirección técnica e apoio do EmerxeMorrazo.
Coa intención de coordinar o funcionamento da fundación e a relación cos beneficiarios, redáctase este acordo de colaboración que deben respectar as formacións artísticas e a Fundación.
Os artistas.
- Denominación de orixe. Poden integrarse no proxecto tódalas formacións que se identifiquen como artistas de algún dos Concellos integrados no programa, ou no seu defecto, do Morrazo, tendo algún compoñente dos concellos de Marín e Bueu, ou o local de ensaio nestes concellos.
- Propostas artísticas emerxentes. No programa ten cabida calquera tipo de proposta artística, aínda que na actualidade predominan as formacións musicais. Incluiranse propostas de artes escénicas, novas tendencias… analizando por separado cada caso.
- “Bandas Emerxentes”. Formacións sen contrato discográfico profesional que impida ou prexudique o desenrolo deste tipo de colaboración. Se algunha formación firma por algunha entidade profesional, esta obrigada a notificalo nun prazo de 15 días para evitar calquera incompatibilidade.
- Presenza en Internet. Considerase esencial para integrarse no proxecto EmerxeMorrazo. Se non dispoñen de páxinas web, myspace, perfil en redes sociais, etc. Poderase realizar por parte da fundación ditas páxinas en colaboración coas formacións. Esta información ten que ser accesible e estar actualizada. Se as formacións non poden encargarse desta parte, a fundación poderá ofrecerlles este servizo. Tamén lles poderá ofertar outros servizos profesionais neste aspecto á marxe do incluído no programa EmerxeMorrazo.
- Rider e comunicación. As formacións deben aportar rider técnico, detalles da formación, book fotográfico e biografía da formación. Se non dispoñen deste material, a fundación poderá realizalo, coa colaboración das formacións e o material de arquivo do que se dispoña.
- Material promocional. Se as formacións dispoñen de materiais promocional (imaxes, vídeos, gravacións sonoras ou de calquera outro tipo) deberán aportalo como ferramenta de promoción coa intención de facilitarllo ás distintas salas e profesionais integrados no programa.
- Servizos vantaxosos. Ofreceranse servizos vantaxosos con fotógrafos, deseñadores gráficos e técnicos de vídeo e multimedia dos que se poderán beneficiar os artistas integrados no programa EmerxeMorrazo
- Compromiso. As formacións comprométense a comportarse de xeito especialmente profesional nas actuacións nas que se use o Nome do proxecto para presentalas, permitindo a presenza de imaxes e logotipos durante as súas actuacións dentro do circuíto de promoción EmerxeMorrazo
- Contacto directo. As formacións comprométense a ter polo menos un interlocutor válido localizable en horario comercial. Se non puidesen, a fundación pode brindarlles un contacto que se encargue de recibir todas as propostas, enviando información a quen a solicite.
- Seguimento. Compromiso de asistir as reunións periódicas de seguimento e debate do programa EmerxeMorrazo, así como difundir a pertenza ao programa a través da presenza nas súas plataformas de comunicación (internet, notas de prensa, carteis e discos…).
A Fundación EmerxeMorrazo
- Festivais EmerxeMorrazo 2010. Como eventos principais do programa, a Fundación promoverá dous festivais propios coa marca EmerxeMorrazo, o 16 de xulio en Marín, e o 13 de novembro en Bueu, e integrarase co Festival Troula na Banda, con dúas xornadas máis o 6 e 7 de Agosto, na que se combinarán a actuación de artistas do programa con formacións de ámbito nacional ou internacional. A selección das formacións para cada evento dependerá en todo caso dos programadores.
- Búsqueda de oportunidades. A Fundación alcanzará acordos con distintas salas ou festivais de Galicia para proporcionar espazos nos que as formacións poderán actuar e darse a coñecer en novos destinos, e promocionar a un tempo a comarca do Morrazo, asi como os festivais e eventos vinculados ó programa.
- Festivais, concertos, presentacións e outras representacións artísticas que se integren no programa. Para determinar as actuacións que realizará cada formación, terase en conta o estilo de programación das distintas salas ou festivais inscritas no acordo de colaboración, as características técnicas, e os requisitos por parte das formacións, intentando optimizar as características de ambas partes. A decisión de actuacións e condicións que terá cada formación dependerá en todo caso do programador.
- Retribucións económicas. Dependerán exclusivamente das condicións do programador. A Fundación EmerxeMorrazo non percibirá ningún tipo de retribución polas actuacións. Do mesmo xeito, a fundación esforzarase en conseguir o mellor trato para cada unha das formacións integradas no programa, e sempre trasmitirá claramente ó contacto da formación as condicións de cada actuación.
- Condicións de exclusión do programa EmerxeMorrazo. Unha formación ou persoa poderá ser excluída do EmerxeMorrazo (total ou temporalmente) mediante votación dos integrantes implicados no programa. Para acordar dita expulsión se deberá contar coa metade dos votos máis un, dos patronos da fundación e dos artistas (que sumarán un único voto entre todos, e o decidirán en asamblea). Por incumprimento de algún ou varios puntos dos refrexados neste acordo de colaboración, por comportamentos que perxudiquen gravemente a imaxe das partes vinculadas no EmerxeMorrazo, por incomparecencia inxustificada a algún dos eventos relacionados co programa ou pola falta de implicación no mesmo.
- Baixa Voluntaria. Os artistas integrados no programa EmerxeMorrazo poderán causar baixa unilateralmente no momento que por incompatibilidade con outros compromisos comerciais, por disolución da formación ou por outras causas o decidan, notificándollo por correo postal certificado á fundación EmerxeMorrazo. Esta baixa deberá ser notificada con 21 días ou mais de antelación, para que sexan sustituídas nos eventos do EmerxeMorrazo que estean programados e nos que a formación estea convocada. No caso de producirse a firma por unha compañía discográfica que solicite o material promocional da formación, esta poderá chegar a un acordo co Fundación EmerxeMorrazo para a cesión de dito material.