
O Festival Troula Na Banda ven de presentar a sua 9º edición. Despois de engadir ó EmerxeBueu na sua programación na última edición, no 2010 firma coa Fundación EmerxeMorrazo unha colaboración, a partir da cal contará con artistas do programa para confeccionar o cartel do festival.
| Artista | Estilo | Orixe | Enlace |
|---|---|---|---|
| Fatima Baña | Cantautora | O Morrazo | www.myspace.com/faweb |
| Äl Jawala | Balcan Big Beats | Alemaña | www.myspace.com/aljawala |
| La Scaña del Domingo | Zingaro-Punk-Ska-fanfarria | Paris | www.myspace.com/lascanadeldomingo |

A Sala Aturuxo de Bueu é un bar cultural e musical, onde hai asiduamente actuacións en directo ademais de exposicións, teatro, danza, diversión... Programa normalmente os domingos a música en directo (aínda que hai excepcións), deixando o resto do fin de semana o bar como pub onde as noites dos fins de semana podes escoitar a mellor música da man de varios dj's.
| Artista | Estilo | Orixe | Enlace |
|---|---|---|---|
| Fatima Baña | Cantautora | O Morrazo | www.myspace.com/faweb |
| FainoTi | Pop-Rock | O Morrazo | www.myspace.com/fainoti |

Falamos do festival de arte, música e cultura de Ribadavia, o festival Arteficial. Organizado pola Asociación Arteficial e a Asociación Alerta, co apoio doutras moitas asociacións e entidades. Claro exemplo dun festival artístico basado no traballo e na organización da sociedade, e como tal, non podían faltar no apoio os artistas do Programa EmerxeMorrazo.
| Artista | Estilo | Orixe | Enlace |
|---|---|---|---|
| Sucias Ratas | Rap | O Morrazo | www.myspace.com/suciasratas |